Raxoi aproba o Plan de Contratación con 82 licitacións por valor de 223 millóns
O concelleiro de Economía, Facenda e Contratación, Manuel César, deu conta en rolda de prensa do Plan de Contratación municipal para 2024, aprobado na sesión ordinaria da Xunta de Goberno, "un instrumento de planificación esencial para a boa xestión da administración municipal". O edil de Contratación definiu o plan como "unha folla de ruta que inclúe 82 contratos cun valor de 222.990.817 euros" e que "guiará o Goberno municipal e a propia administración para prestar servizos públicos de calidade; para […]