O PP denuncia que Sanmartín incumpre os acordos do Pleno e mantén abandonada a Cruxeira
José Ramón de la Fuente denuncia que, seis meses despois de que o Pleno aprobara unha moción do PP para actuar na zona, practicamente non se executou ningunha das medidas reclamadas e algunhas das escasas actuacións realizadas agravaron aínda máis os problemas existentes. O concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Ramón de la Fuente, denuncia o absoluto abandono que continúa sufrindo a Cruxeira e acusa ao goberno de Goretti Sanmartín de incumprir os acordos aprobados polo Pleno municipal. Seis […]