Santiago acolle a 23ª edición de Curtocircuíto
O Festival Internacional de Cinema Curtocircuíto, organizado polo Concello de Santiago de Compostela a través de Compostela Cultura, comeza hoxe a súa actividade coa celebración da sesión Zero, unha proxección sorpresa de cinema ao aire libre que terá lugar ás 22.30 horas nos xardíns do Hotel NH Collection Santiago. Esta cita, aberta ao público, servirá como antesala da inauguración oficial da 23ª edición do festival, que terá lugar este martes, 30 de xuño, ás 20.00 horas no Teatro Principal, e […]