Paula Romero, membro de De Vacas: «É un orgullo pregoar o Entroido da nosa cidade»
06/02/2024.- A concelleira de Festas, Pilar Lueiro, acompañada de Paula Romero, membro do grupo De Vacas que estarán a cargo do pregón deste ano, participaban este xoves no programa Vive Santiago de Radio Líder Santiago. A edila comezou falando da figura do Meco deste Entroido que percorrerá o sábado as rúas de Compostela para quedar instalado no balcón do Pazo de Bendaña ata o mércores 14 cando será queimado na praza Roxa. Nesta ocasión o Meco está […]