Manuel Jesús Formoso, novo deán da Catedral de Santiago
O Cabildo da Catedral de Santiago escolleu este martes, 8 de xullo, a Manuel Jesús Formoso Fernández como novo deán-presidente, en substitución de José Fernández Lago. A elección tivo lugar durante unha sesión ordinaria do Cabildo, conforme ao artigo 58.1 dos Estatutos da institución. Tralo escrutinio e superando os dous terzos dos votos na terceira votación, Formoso Fernández foi designado para o cargo, que deberá exercer durante un período de catro anos, prorrogable por outros catro. A elección foi comunicada […]