Goretti Sanmartín reivindica a figura de Rosalía de Castro no Día do libro
A alcaldesa participou esta mañá nun acto organizado pola USC no Xardín das pedras que falan co que se restituíu simbolicamente a memoria rosaliana coa plantación dun érbedo. No acto a rexedora lembrou a trascendencia da lectura no Día do Libro “porque os libros, cando son verdadeiros, non rematan nunca. Acompáñannos, cóidannos, convértense en fogar cando xa non queda casa”. Coincidindo coa celebración do Día Internacional do Libro, a Cátedra Rosalía de Castro continuou coas súas accións para honrar a […]