Profesionais da dobraxe de Galicia piden «respecto» e mobilizaranse o domingo 17 de marzo
A Asociación de Artistas de Dobraxe (ADA) fai unha convocatoria para sumarse á manifestación convocada en Santiago de Compostela este domingo, día 17 de marzo, en demanda dunhas condicións laborais dignas. O sector padece desde hai anos unha precariedade insostíbel polo incumprimento dun convenio colectivo conxelado desde 2006. Todos os profesionais do colectivo da dobraxe en Galicia -un sector que atinxe a unhas 300 persoas entre persoal técnico, de produción, actores e actrices- levan 18 anos cobrando […]