Os municipios de Boiro e Elciego oficializan o seu irmandamento
O goberno local propón para o seu debate a aprobación no Pleno do vindeiro xoves o irmandamento co municipio de Elciego. Unha proposta que nace do interese de ambos os dous concellos de formalizar as canles de cooperación entre administracións e veciñanza. Os irmandamentos entre municipios constitúen unha ferramenta de cooperación institucional destinada a fortalecer os vínculos entre comunidades, promover o intercambio de experiencias e favorecer o desenvolvemento de iniciativas de interese común. Elciego é un municipio da rioxa alavesa […]