Ana Fernández, directora das Escolas Municipais de Música e Baile de Brión: «Este sábado é o noso día grande»
A directora Ana Fernández destaca a implicación do Concello, o crecemento continuo do alumnado e a importancia de dignificar a cultura galega dende a base. Brión prepárase para celebrar, este sábado, a clausura dun novo curso das Escolas Municipais de Música e Baile Tradicional, unha iniciativa que combina ensino, identidade e comunidade, e que, segundo a súa directora Ana Fernández, “segue medrando ano tras ano” con preto de 150 participantes de todas as idades. Nunha conversa emitida en Radio Líder […]