Comeza a tempada de esgrima
Tras dúas semanas de pretempada marcadas por un intenso plan de preparación física, a tempada oficial de esgrima quedou inaugurada este luns na sala das Cancelas. Os adestradores Adrián Penido, Víctor Castro e Xosé Piñeiro están ao fronte das clases, dirixindo grupos dende os 6 anos en todas as categorías. Ademais da actividade en Santiago, os grupos iniciaron xa o seu traballo na escola de Silleda, mentres que en outubro arrancarán tamén na Estrada, nos colexios de Vite e no […]