O BNG condena as novas sancións de Estados Unidos contra Cuba baixo a administración Trump
Santiago de Compostela, 3 febreiro 2026.- A Executiva do Bloque Nacionalista Galego (BNG) amplía a súa condena anterior para denunciar enerxicamente as dúas novas e graves medidas adoptadas polo goberno dos Estados Unidos baixo a administración de Donald Trump, que representan unha perigosa escalada da política de asfixia económica e agresión contra a República de Cuba. A Executiva nacional do Bloque Nacionalista Galego (BNG) manifesta a súa máis firme e rotunda condena polo recente aprofundamento do bloqueo económico, comercial e financeiro […]