Miguel Cavadas Docampo gaña o XXXVII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón
O poeta Miguel Cavadas Docampo obtén coa súa obra "himno nacional" o XXXVII Premio de Poesía Lorenzo Baleirón 2024, convocado polo Concello de Dodro. Dodro 23 de novembro do 2024 – O xurado do certame acordou, por maioría, outorgarlle o galardón a este traballo destacando "A frescura dunha voz poética que nos convida, sen ornamentos e dunha maneira moi honesta, a unha reflexión sobre os distintos xeitos de vivir o desarraigamento, o conflito de identidade que supón abandonar o fogar. […]