Marta Abal carga contra a «improvisación» de Sanmartín: «Hai máis de 15 millóns en facturas sen pagar»
Marta Abal critica que o Goberno municipal aprobase a modificación da Relación de Postos de Traballo cun informe desfavorable da Intervención e sen explicar como pensa resolver o colapso na tramitación das facturas. A concelleira socialista advirte de que o executivo “vai dando bandazos” e acusa a Goretti Sanmartín de actuar “sen planificación” nun momento no que o Concello afronta un período medio de pago disparado e a necesidade de recorrer ao fondo estatal para pagar provedores. Santiago de Compostela, […]