Oroso celebra a XXVII Festa da Troita con sorpresas musicais como a Tuna de Santiago
Redacción, a 8 de maio de 2025 — O Concello de Oroso vive estes días a súa cita máis destacada do ano: a Festa da Troita, que celebra a súa 27ª edición cun programa repleto de actividades, música e, como non podía ser doutro xeito, toneladas de troita para todos os gustos. O alcalde, Álex Doval, recibiu a este medio nos estudios para desgranar os detalles dun evento que xa é "unha das citas ineludibles do calendario", como el mesmo define. […]