A Festa da Uña de San Lázaro celebrarase do 4 ao 7 de abril
A concelleira de Turismo, Míriam Louzao, a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, e o presidente da asociación gastronómica e cultural Orde da Uña, Fernando Neira, presentaron o programa da Festa da Uña, unha celebración con gran tradición en Compostela, que é ademais unha das festas gastronómicas máis antigas do país, e coa que colabora Turismo de Santiago grazas ao apoio da Deputación da Coruña. Míriam Louzao destacou que este ano consolídanse no programa importantes novidades que se introduciron […]