“O éxito das Festas do Apóstolo avala o acerto de apostar por que a veciñanza as faga súas»
Tras as Festas do Apóstolo, a concelleira desta área, Pilar Lueiro, fai unha valoración “altamente positiva” da programación baseándose “na considerable afluencia de público en todas as actividades, que é o indicador máis evidente e palpábel deste éxito”. Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2024.- Pilar Lueiro asegurou que “neste 2024 iniciamos un ciclo, unha forma de enfocar as festas en que apostamos por que a veciñanza as faga súas, cun programa inclusivo, moi diverso, con actividades para todos […]