O Festival Agustín Magán cumpre 25 anos enchendo Santiago de teatro afeccionado
O XXV Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán foi presentado hoxe en rolda de prensa pola presidenta de Fegatea, Chelo Pampillón, o concelleiro de Centros Socioculturais, Xan Duro, o director xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo. O ciclo desenvolverase desde o 5 de setembro ata o 4 de outubro, coa participación das compañías de teatro amador Disfunción Continua, Pena Furada, Abran Paso, Ditea, Escoitade, O Trasno, Carauta, Badius, Atrezo e Farándula Velutina. Como novidade, aos escenarios habituais […]