AD

frades

27 Resultados / Página 3 de 3

Fondo
AD

Actualidad

A XVII Merenda de Aiazo (Frades) repartirá máis dun milleiro de tortillas de masa

      Este ano haberá novos accesos aos aparcamentos próximos ao campo da festa, que estarán sinalizados A degustación comezará ás 12:00 horas e pola tarde haberá verbena coa orquestra París de Noia e o grupo Unión y Fuerza 20 de marzo de 2024.- A área recreativa Os Pasos, na parroquia de Aiazo (Frades), acollerá este domingo 24 de marzo a edición número dezasete da Festa da Merenda, que organiza a asociación de veciños “Os Pasos” en colaboración co […]

today20 marzo, 2024

Actualidad

Preto dun milleiro de persoas desfrutaron da X Festa da Filloa de Abellá

      18 de marzo de 2024.- A X Festa da Filloa de Abellá (Frades) foi todo un éxito de participación, onde preto dun milleiro de persoas pasaron ao longo do sábado polo pavillón municipal de Abellá para degustaren as filloas con lacón, acompañadas dunha boa taza de caldo galego e rixóns. Uns pratos que foron posibles grazas ao labor das e dos filloeiros, así como de todas as persoas voluntarias que participaron no evento ao longo de toda […]

today19 marzo, 2024

Actualidad

A X Festa da Filloa de Abellá terá lugar este sábado 16 de marzo

      A asociación de veciños Os Labregos de Abellá, en colaboración co Concello de Frades, organiza a décima edición da Festa da Filloa, que terá lugar este sábado 16 de marzo no pavillón municipal de Abellá. Unha celebración que arrincará ás 13:30 horas coa tradicional degustación de filloas e caldo galego, a un prezo de 15 euros. A música correrá a cargo da orquestra Barceló, que se encargará da sesión vermouth ata as 15:00 horas. Pola tarde volverá […]

today13 marzo, 2024

Actualidad

Frades organiza a cabalgata dos Reis Magos en Ponte Carreira cunha Festa no polideportivo

3 de xaneiro de 2024.- Os Reis Magos chegarán a Frades este venres 5 de xaneiro, onde a partir das 16:00 horas participarán nunha cabalgata polas rúas de Ponte Carreira e despois tomarán parte nunha gran festa de Reis no polideportivo municipal, de 17:00 a 20:00 horas. As Súas Maxestades chegarán en pick-up acompañados por varias mascotas e percorrerán o centro de Ponte Carreira. Tras ese primeiro contacto coa rapazada, a comitiva partirá cara o polideportivo municipal de Ponte Carreira […]

today3 enero, 2024

Actualidad

Frades fai entrega a Cáritas dos alimentos recollidos na campaña de Nadal

O concelleiro de Cultura e Voluntariado, Juan Carlos Portos Bra, fixo entrega este venres dos alimentos recollidos na Campaña de Nadal a María Flor Bravo Grobas e María Concepción Gómez Lagares, voluntarias en Cáritas Frades-Mesía. Unha campaña que, por décimo ano consecutivo, permitiu recoller alimentos básicos (leite, aceite, azucre, pasta, arroz, legumes, conservas...) así como produtos do Nadal, todos eles debidamente etiquetados e coa data de consumo preferente non superada. Uns produtos que serán repartidos entre familias máis necesitadas do […]

today23 diciembre, 2023

Destacado

Recollida de alimentos en Frades para as familias necesitadas

27 de novembro de 2023.- O Concello de Frades, en colaboración con Cáritas, abre hoxe a súa tradicional recollida de alimentos para as familias necesitadas do municipio. A campaña, que se organiza por décimo ano consecutivo, estará aberta ata o 21 de decembro. Este ano engádese un novo punto de recollida: PROGANDO, en Abellá; e mantéñense os tradicionais salón de peiteado Patricia Tacón (Abellá), os supermercados Claudio e Tandy (Ponte Carreira), a Cooperativa Central de Frades (Ledoira), o CPI Ponte […]

today27 noviembre, 2023

Destacado

“As mulleres poden!” será a lenda da campaña do 25N en Frades

Brais Novoa, Fabián González e José Martínez , de 1º da ESO do IES de Ponte Carreira, elaborar hoxe un graffiti no muro exterior do pavillón polideportivo de Abellá coa imaxe da campaña deste ano 17 de novembro de 2023.- A lenda “As mulleres poden!” é a escollida este ano para protagonizar a campaña municipal do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, do Concello de Frades. Unha proposta realizada por Brais Novoa, Fabián González e José […]

today20 noviembre, 2023

Destacado

Frades repartirá composteiros de balde a veciños con vivendas unifamiliares

Os únicos requisitos para solicitalos no Concello ou no 981 695 567 son residir nunha vivenda cunha parcela ou horta cun mínimo de 25m 2 14 de novembro de 2023.- O Concello de Frades vai repartir preto dun cento de composteiros entre persoas propietarias de vivendas unifamiliares no municipio que conten cunha parcela ou horta dun mínimo 25 metros cadrados. Para conseguir un destes composteiros do “Programa de compostaxe doméstica no Concello de Frades” só é preciso chamar por teléfono […]

today14 noviembre, 2023

Destacado

Nace ‘Frades Enerxía’, para que os veciños aforren na factura da luz

A iniciativa será presentada á veciñanza o vindeiro luns 27 de novembro, ás 16:00 h, no centro sociocomunitario de Ponte Carreira 13 de novembro de 2023.- O Concello de Frades vén de deseñar “Frades Enerxía”, unha comunidade enerxética preparada para proporcionarlle aos seus veciños e veciñas unha solución alcanzable e sostible para as súas necesidades enerxéticas. Unha iniciativa que será presentada á veciñanza o vindeiro luns 27 de novembro, ás 16:00 horas, no centro sociocomunitario de Ponte Carreira. A comunidade […]

today13 noviembre, 2023

AD