Fran ‘Reixa’ Villasenín: “Aínda non me creo que teño as chaves da Sala Capitol, é un soño feito realidade”
O xestor cultural e comerciante compostelán comparte a súa visión sobre o pasado, presente e futuro deste emblemático espazo en Radio Líder Santiago A Sala Capitol, un dos espazos máis icónicos de Santiago de Compostela, celebra este ano o seu 90 aniversario. Fran ‘Reixa’ Villasenín, un dos seus actuais propietarios, reflexionou sobre a súa conexión persoal coa cultura, a historia da sala e os retos do futuro nunha entrevista en Radio Líder Santiago. Xunto co seu irmán Andrés e os […]