A familia Franco terá que devolver ao Concello de Santiago dúas esculturas do Mestre Mateo
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, confirmou que este xoves o Concello recibiu a resolución do Tribunal Supremo na que se lle dá a razón na acción contra a familia Franco sobre as esculturas románicas que tiñan no seu poder e que agora terán que restituír ao patrimonio público. “O Concello acaba de recibir a resolución en que se condena aos Franco a devolver as dúas esculturas románicas atribuídas ao Mestre Mateo despois dunha longa loita”, manifestou a rexedora municipal, […]