Convocada unha gran manifestación en Santiago o 5 de outubro en apoio a Palestina
A Coordenadora Galega de Solidariedade coa Palestina anunciou este martes en Santiago a convocatoria da manifestación “Galicia con Palestina”, que se celebrará o domingo 5 de outubro baixo o lema “dous anos de xenocidio, 77 anos de ocupación”. A protesta principal partirá ás 12.00 horas da Alameda compostelá, pero non será a única: a plataforma confirmou que ese mesmo día haberá mobilizacións en 42 localidades máis de toda Galicia. “Haberá autobuses que, no seu momento, anunciaremos para facilitar a chegada […]