AD

hai debate

10 Resultados / Página 1 de 2

Fondo
AD

Destacado

Debate ao límite en Santiago: Peleteiro avanza entre acusacións e un contrato da auga sen saída

O programa Hai Debate de Radio Líder Santiago volveu situar no centro da actualidade dous asuntos clave para o futuro da cidade: o desenvolvemento do antigo Peleteiro e o novo modelo de xestión da auga. Representantes das principais forzas políticas municipais protagonizaron un debate intenso, marcado pola falta de consenso. Peleteiro: avances con apoio maioritario, pero con discrepancias O proxecto do antigo colexio Peleteiro centrou a primeira parte do debate. Desde o goberno local, representado por Xan Duro (Compostela Aberta) […]

today17 marzo, 2026

Destacado

A auga e o nome dun colexio incendian o ‘Hai Debate’ de Radio Líder Santiago

O último Hai Debate en Radio Líder Santiago converteuse nun escenario de forte confrontación política arredor de dous asuntos clave: o futuro modelo de xestión do ciclo integral da auga e o cambio de denominación do CEIP Apóstolo Santiago. Dúas cuestións distintas que acabaron retratando a profunda división entre goberno e oposición. O contrato da auga, encallado O debate máis técnico e de maior impacto económico foi o relativo ao ciclo integral da auga, un servizo que require importantes investimentos […]

today3 marzo, 2026

Actualidad

BNG-CA e PP chocan polos Orzamentos; o PSOE agarda pola “letra pequena”

  No espazo “Hai Debate” de Radio Líder Santiago, os catro grupos con representación no Pazo de Raxoi confrontaron as súas posicións arredor dos Orzamentos 2026, presentados recentemente polo executivo de Goretti Sanmartín. No debate participaron Marta Abal (PSdG-PSOE), Nerea Barcia (PP), Manuel César (BNG) e María Rozas (Compostela Aberta), nun intercambio marcado pola defensa do carácter social das contas por parte do Goberno e polas críticas da oposición en materia de investimento, execución e fondos europeos. Un orzamento “histórico” […]

today23 febrero, 2026

Destacado

Centros socioculturais, humanización do Ensanche, radares, perda de turistas e fochancas, en Hai Debate

O espazo Hai Debate, emitido o pasado luns en Radio Líder Santiago, centrouse na análise dos principais asuntos abordados no último Pleno municipal de Santiago de Compostela, cun intenso debate político entre os grupos con representación no Concello. No programa participaron Marta Abal, en representación do PSdeG-PSOE; Nerea Barcia, polo Partido Popular; e Iago Lestegás, polo BNG. Compostela Aberta non puido asistir ao debate por motivos de axenda, segundo se explicou ao inicio do espazo. Un dos temas centrais foi […]

today5 febrero, 2026

Destacado

O debate político en Santiago crece pola parálise no pago de facturas e incluso polo 25N

O espazo de análise política Hai Debate en Radio Líder Santiago reuniu este luns a representantes dos catro grupos políticos con presenza no Concello de Santiago para abordar dous asuntos que marcaron a actualidade municipal: a polémica protesta da CIG diante da sede do Partido Popular con motivo do 25N e a decisión do Pleno de non aprobar o pago de 1,3 millóns de euros en facturas atrasadas a provedores e autónomos. No debate participaron Xan Duro (Compostela Aberta), Marta […]

today1 diciembre, 2025

Actualidad

A polémica protesta da CIG polo 25N e o ‘bloqueo’ das facturas pendentes en Raxoi, este luns en “Hai Debate”

Este luns 1 de decembro, ás 12:00 horas, o programa Hai Debate de Radio Líder Santiago chega cunha edición marcada pola actualidade política da capital galega. O espazo analizará os asuntos que están marcando a semana no Concello de Santiago de Compostela. Un dos temas centrais será o balance do último Pleno municipal, celebrado o pasado xoves e onde se abordaron cuestións que teñen unha ampla repercusión nos veciños e veciñas da capital. Ademais, tratarase a polémica manifestación no 25N […]

today29 noviembre, 2025

Actualidad

PP e PSOE acusan ao bipartito de «neglixente» e este responde: «Acudide á xustiza»

O programa Hai Debate de Radio Líder Santiago abordou esta semana un balance do pleno extraordinario do pasado venres, centrado no pago das horas extra de policías locais e bombeiros, e unha segunda parte dedicada á situación das zonas industriais da capital, coa falta de solo empresarial e o novo Parque Empresarial da Lavacolla como principais temas de discusión. Participaron Pilar Lueiro (BNG), Marta Abal (PSOE), María Rozas (Compostela Aberta) e Olaya Otero (PP), representantes dos catro grupos con representación […]

today24 noviembre, 2025

Actualidad

O incendio en Pontepedriña prende de novo o debate político

As primeiras dúas edicións do espazo Hai Debate, en Radio Líder Santiago, deixaron en evidencia a intensidade política que se vive na capital galega. Nestes encontros, os portavoces municipais discutiron sobre o incendio do pasado sábado en Pontepedriña e a situación do parque de bombeiros, así como os orzamentos 2026 da Xunta de Galicia destinados á capital. Participaron Manuel César (BNG), María Baleato (PP), Marta Abal (PSOE) e María Rozas (Compostela Aberta). Seguridade e bombeiros: un incendio en Pontepedriña que reavivou […]

today17 noviembre, 2025

Destacado

«Santiago é unha cidade segura», coinciden BNG, CA, PP e PSOE… antes de discrepar en todo o demais

No primeiro Hai Debate, os representantes do BNG, PP, PSdeG-PSOE e Compostela Aberta analizaron con intensidade o estado da seguridade en Santiago. A falta de efectivos na Policía Local e no corpo de bombeiros protagonizou un encontro onde cada forza fixo o seu diagnóstico e lanzou propostas... e tamén reproches. As tensións non faltaron: Adrián Villa (PP) acusou ao Goberno local de “desatención” e “mentir sobre os efectivos reais”, mentres María Rozas (CA) advertiu que “mesturar todo é irresponsable e […]

today12 noviembre, 2025

AD