Guinarte denuncia que o BNG deixa sen cobrar horas extras e festivos a policías e bombeiros de Santiago
Gumersindo Guinarte atribúe á falta de xestión do goberno de Sanmartín que policías e bombeiros leven desde outubro sen cobrar as horas extra realizadas, sinalando que sen a boa vontade destes profesionais sería imposible manter uns servizos mínimos á altura dunha cidade como Santiago. Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2025. O voceiro do grupo municipal socialista, Gumersindo Guinarte, denunciou hoxe a situación insostible que está a vivir o persoal do Concello de Santiago, especialmente os policías e bombeiros. […]