Aitor Bouza denuncia habitacións a 30 graos no Hospital de Conxo e esixe solucións urxentes
Aitor Bouza critica que a área sanitaria Santiago-Barbanza volva ser noticia polas condicións “absolutamente inhumanas” que están a sufrir pacientes e familiares no Hospital de Conxo. Os socialistas levarán esta situación ao Parlamento de Galicia para esixir que a climatización sexa “unha realidade e non soamente unha promesa” e que non haxa “pacientes de primeira e pacientes de segunda”. Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2026. O secretario xeral do PSdeG de Santiago e deputado no Parlamento de Galicia, […]