Filloas, pioneiro do hyperpop en galego: «Pasei de escoitar punk a Bad Bunny sen darme conta»
O artista galego Filloas visitou recentemente os estudios de Radio Líder Santiago para presentar o seu novo traballo 'Súbete ao EVA' e falar sobre a súa traxectoria, a súa evolución musical e o momento actual da música en galego. "Este proxecto ten que ser en galego porque é moi persoal", asegurou. Filloas, cuxo nome real é Iago, explicaba na entrevista que a súa carreira musical comezou no punk, pero que nos últimos anos evolucionou cara a estilos máis urbanos. "Pasei […]