O VI TradFest ofrece «unha romaría» folk en varios escenarios da cidade e cun mercado artesanal
O vindeiro domingo 28 xullo, dentro do programa das Festas do Apóstolo, celebrarase un ano máis o TradFest Compostela, unha celebración da música popular actual con concertos, feira de artesanía, ruadas e actividades que se desenvovlerán no parque e igrexa de san Domingos de Bonaval e na praza da Quintana. Este evento, producido por aCentral Folque e Nordesía conta co apoio do Concello de Santiago e de La Voz de Galicia. Da feira de artesanía, que contará con 28 postos […]