“Concellos pola gratuidade” reiteran a importancia da liberalización da AP-9 entre Padrón e Santiago
Os Concellos de Ames, Padrón, Dodro, Rianxo, Boiro, Ribeira e A Pobra do Caramiñal solicitáronlle unha audiencia ao Ministro de Transportes, Óscar Puente, para reiterar a vital importancia da gratuidade do tramo Padrón-Santiago na AP-9, para a área de Santiago de Compostela, o Barbanza e o norte da provincia de Pontevedra. Estas novas accións, que se realizan de xeito conxunto entre os Concellos asinantes do manifesto pola liberalización da AP-9, anunciáronse hoxe nunha rolda de prensa feita no auditorio municipal […]