A Casa da Cultura do Milladoiro acolle este xoves a VI Gala Lingua e Empresa
Blas García indica que “esta gala será un acto aberto ao público no que se pretende poñer en valor o tecido empresarial local xunto coa lingua galega e servir como recoñecemento e como espazo de encontro e de intercambio de experiencias entre empresas amesás que teñen presente a lingua na súa comunicación” Nesta ocasión, incrementou en sete o número de empresas participantes con respecto á edición anterior. Deste xeito, nesta edición presentáronse 33 empresas, mentres que na edición de 2022 […]