AD

manifestacion

19 Resultados / Página 1 de 3

Fondo
AD

Actualidad

PSdeG e BNG chaman á mobilización deste domingo en Santiago contra Altri

O PSdeG e o BNG confirmaron a súa presenza este domingo na manifestación convocada en Santiago de Compostela contra a instalación da macrocelulosa de Altri en Palas de Rei. A mobilización, impulsada polas Plataformas en Defensa da Ría de Arousa e Ulloa Viva, partirá ás 12.00 horas da Alameda e busca expresar o rexeitamento social a un proxecto que ambas formacións consideran unha ameaza ambiental, social e económica para Galicia. Desde o PSdeG, a secretaria de Organización, Lara Méndez, fixo […]

today12 diciembre, 2025

Actualidad

UCIN Galicia prepara unha mobilización cidadá para denunciar a “parálise institucional” en Santiago

UCIN Galicia vén de poñer en marcha un movemento de contacto directo coa cidadanía e co tecido asociativo compostelán ante o que cualifica como unha “situación de parálise institucional e social” no Concello de Santiago. A formación está a manter reunións con asociacións veciñais, entidades civís e representantes das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado para recompilar preocupacións e propostas fronte á falta de resposta do actual goberno local. O coordinador de UCIN Galicia, José Luis Calo, subliña que […]

today5 diciembre, 2025

Actualidad

UCIN denuncia a presión da CIG a traballadoras do PP e a un xornalista de Radio Líder Santiago

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2025.- UCIN Galicia expresou hoxe a súa máis firme condena polos feitos acontecidos durante a manifestación convocada pola CIG, que decidiu rematar a súa protesta diante da sede do Partido Popular de Santiago. Segundo o partido, esta decisión xerou “unha situación de tensión absolutamente innecesaria e impropia dun sindicato que asegura defender os dereitos das mulleres e das traballadoras”. A formación considera inadmisible que varias profesionais que traballaban no interior da sede popular […]

today25 noviembre, 2025

Actualidad

A CIG leva a protesta do 25N á sede do PP e obriga a pechar traballadoras baixo protección policial

• Ante a situación vivida hoxe, dende o PP de Santiago reclamámoslle ao BNG e CA que condenen esta actitude do sindicato nacionalista e que manifesten se lles parece normal que compañeiras estean pechadas na sede popular, protexidas por axentes antidisturbios. • “É unha total incoherencia -explicou a concelleira María Baleato- que unha protesta a favor dos dereitos das mulleres teña como obxectivo protestar ante varias traballadoras que só están a cumprir as súas funcións”. • O sindicato nacionalista repartiu […]

today25 noviembre, 2025 2

Destacado

Convocada unha gran manifestación en Santiago o 5 de outubro en apoio a Palestina

A Coordenadora Galega de Solidariedade coa Palestina anunciou este martes en Santiago a convocatoria da manifestación “Galicia con Palestina”, que se celebrará o domingo 5 de outubro baixo o lema “dous anos de xenocidio, 77 anos de ocupación”. A protesta principal partirá ás 12.00 horas da Alameda compostelá, pero non será a única: a plataforma confirmou que ese mesmo día haberá mobilizacións en 42 localidades máis de toda Galicia. “Haberá autobuses que, no seu momento, anunciaremos para facilitar a chegada […]

today16 septiembre, 2025

Actualidad

Máis de 50.000 persoas e 600 embarcacións protestan contra Altri

Perante a asistencia masiva á manifestación, Greenpeace pide á Xunta de Galicia máis sensibilidade ecolóxica e lémbralle que o seu deber é escoitar á cidadanía e protexer unha zona de alto valor ambiental Altri e Greenalia aínda están a tempo de renunciar ao seu proxecto de fábrica de celulosa na Ulloa e evitar así un conflito social sen precedentes en toda Galicia A organización ecoloxista solicitou aos ministerios de Industria e Transición Ecolóxica que non acheguen financiamento público para unha […]

today22 marzo, 2025

Actualidad

A resistencia do rural galego fai historia en Santiago ao berro de «ALTRI NON»

  Santiago de Compostela viviu o pasado domingo 15 de decembro unha das maiores manifestacións na súa historia recente. Unhas 100.000 persoas congregáronse no Obradoiro e nas rúas da cidade para expresar o seu rexeitamento á instalación dunha planta de celulosa que a empresa Altri pretende construír en Palas de Rei, no corazón da comarca da Ulloa. Convocada pola plataforma veciñal Ulloa Viva, a mobilización marcou un fito na loita social e ambiental en Galicia. “Foi unha cousa excepcional”, declarou […]

today16 diciembre, 2024

Comarca

Arzúa Viva ofrece un bus para asistir á protesta contra Altri en Santiago

Arzúa Viva, en colaboración co Concello de Arzúa, pon a disposición da veciñanza un autobús para acudir á manifestación contra Altri que terá lugar o vindeiro domingo 15 de decembro en Santiago de Compostela. Con esta medida, desde o colectivo Arzúa Viva, membro da Plataforma Ulloa Viva, queren animar ao conxunto da veciñanza de Arzúa a participación da manifestación pola defensa do territorio que percorrerá as rúas de Santiago de Compostela baixo o lema “A Xunta non pode calar a […]

today10 diciembre, 2024

Actualidad

«A manifestación contra Altri foi a máis importante da historia do rural en Galicia»

O pasado domingo 26 de maio, tivo lugar unha manifestación histórica no concello lucense de Palas de Rei, organizada por diversas plataformas veciñais e ecoloxistas. Xosé Gontá, portavoz do colectivo A Ulla Viva, describiu a manifestación como "a máis importante celebrada no rural galego en toda a historia". Segundo os organizadores a cifra de participantes foi dunhas 20.000 persoas, mentres algúns medios, citando a outras fontes, contaron 4.000. Gontá asegura que debido as colas de coches, houbo persoas que chegaron […]

today27 mayo, 2024

AD