O uso da máscara só será obrigatoria en Urxencias dende este martes
A Xunta de Galicia, seguindo criterios técnicos, emitirá maña luns unha instrución que se fará efectiva o vindeiro martes, día 30, para que o uso xeral da máscara deixe de ser obrigatorio nos centros sanitarios, limitando o seu uso aos servizos de urxencias, aos PACs e aos servizos nos que haxa pacientes inmunodeprimidos. Así o anunciou hoxe o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, na súa visita ao Punto de Atención Continuada do Val Miñor, no concello […]