Medalla Castelao 2026 para Fundación Andrea, Mar Capeáns, Esteban Batallán, Adrián Ben e María Barallobre
O Consello da Xunta aprobou este luns a concesión das Medallas Castelao 2026 á Fundación Andrea, á científica compostelá Mar Capeáns, ao trompetista Esteban Batallán, ao atleta Adrián Ben e á empresaria María Barallobre. A entrega dos galardóns celebrarase o vindeiro 28 de xuño na Igrexa de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela. Entre as persoas e entidades recoñecidas figura a Fundación Andrea, creada e impulsada por Charo Barca. A entidade desenvolve un importante labor de apoio ás […]