Afters ilegais, ruído, drogas, pelexas, ameazas e medo: o cóctel explosivo do Ensanche
Xosé Manuel Durán, presidente da Asociación Veciñal Raigame, advirte dunha situación “insostible e perigosa” con pelexas, tráfico de drogas e locais ilegais que operan co beneplácito institucional. “Só pedimos que se cumpra a lei”, reclama. Redacción, 14 de outubro de 2025 – Santiago é unha cidade fermosa, patrimonio da humanidade, meta de milleiros de peregrinos. Mais no Ensanche vense outras imaxes. Imaxes de violencia, ruído, tráfico de drogas, inseguridade e medo. Unha zona na que, segundo os seus propios residentes, […]