Xuventude achega aos centros educativos o programa de atención á saúde mental dos menores
18/04/2024 A Concellaría de Xuventude pón en marcha un novo programa de atención á saúde mental dos menores, que se desenvolverá nos centros educativos de Santiago en colaboración coa Asociación Itínera. A responsable do departamento, María Rozas, explicou que o obxectivo é "darlle continuidade ao traballo iniciado o ano pasado para informar sobre os trastornos mentais máis frecuentes, evitar os estigmas e previr as condutas de risco entre a poboación máis nova". A concelleira presentou as actividades […]