Organizan unha actividade para a eliminación de acacias no monte Lapido (Padrón)
As persoas voluntarias interesadas en participar poden inscribirse ata mañá enviando un correo electrónico cos seus datos a info@montescola.org Padrón, 4 de setembro de 2024.- O proxecto Comunidades Activas e Paisaxes Resilientes a Incendios Forestais e Cambio Climático (CAPRIF-CC) organizará este vindeiro sábado, día 7 de setembro, unha nova actividade de voluntariado ambiental para a eliminación dunha especie invasora como a acacia negra no monte Lapido, na parroquia padronesa de Carcacía. Baixo a coordinación da Fundación Montescola, esta nova acción […]