Derrúbase parte dos nichos no parque de Bonaval e péchase a zona por seguridade
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, deu conta en rolda de prensa das actuacións realizadas dende o Concello a raíz da caída dunha parte do muro de Bonaval, debido, segundo as primeiras análises “a unha acumulación de auga no terreo superior”. Onte pola mañá (12 de febreiro) constatouse a derruba dun pano dunha parte muro do cemiterio de Bonaval (15 metros de lonxitude por 6 metros de altura). Segundo sinalou a alcaldesa, “os servizos municipais de Obras e Arqueoloxía desprazáronse […]