AD

nadal

88 Resultados / Página 2 de 10

Fondo
AD

Comarca

Arzúa celebrará o 21 de decembro a II Papanoelada Cicloturista

A Concellería de Turismo, que dirixe Begoña Balado, impulsa unha nova edición desta actividade deportiva e festiva con saída da Praza de Galicia e coa inscrición gratuíta xa aberta Arzúa, 27 de novembro de 2025.- Arzúa prepara o regreso da Papanoelada Cicloturista, unha actividade que se consolidou na programación do Nadal tras a excelente acollida do público na súa primeira edición o ano pasado. A cita, organizada pola Concellería de Turismo, terá lugar o domingo 21 de decembro e apostará […]

today27 noviembre, 2025

Comarca

Ames amplía a programación de fin de ano cun “tardeo” e unha festa para recibir 2026

Dende o Concello búscase ofrecer unha programación festiva segura durante o último día do ano dentro do termo municipal O alcalde, Blas García,  explicou que é unha demanda da mocidade e “estamos encantados de poder responder” Toda a información sobre esta programación será revelada o luns, 1 de decembro Ames, 26 de novembro de 2025.- O Concello de Ames prepara unha celebración especial para despedir o ano este 31 de decembro, cunha programación pensada para que a veciñanza poida gozar […]

today26 noviembre, 2025

Actualidad

Compostela prende este venres o Nadal: Esta é toda a programación

Santiago de Compostela encenderá este venres 28 de novembro o alumeado que marcará o inicio oficial da programación “Compostela, a estrela do Nadal”, unha proposta intensa, diversa e especialmente pensada para o público familiar. Acendido do Nadal no Obradoiro A festa de acendido celebrarase ás 19:00 horas na praza do Obradoiro cun espectáculo protagonizado por artistas locais. A compañía de circo Pistacatro, recentemente galardoada co Premio Nacional de Circo 2025, ofrecerá un extracto do seu show Sen patrón. Antes, ás […]

today26 noviembre, 2025

Comarca

Chus Campos chama a “dar un paso adiante” e crear unha asociación de comerciantes de Padrón

O Concello de Padrón prepárase para vivir un Nadal cheo de novidades, cunha aposta clara pola dinamización turística e comercial. A concelleira de Turismo, Festas e Comercio, Chus Campos, anunciou que por primeira vez o municipio contará cunha pista de xeo natural, de 240 metros cadrados, instalada ao lado do pavillón do Souto. Estará aberta desde o 5 de decembro ata o 11 de xaneiro, baixo carpa para garantir o seu uso en calquera condición meteorolóxica. “Veño contar aquí moitas […]

today21 noviembre, 2025

Comarca

O Pino incrementa a contía dos premios no II Concurso de Decoración de Nadal

• As inscricións poderán formalizarse do 5 ao 19 de decembro presentando por rexistro ou sede electrónica o formulario e tres fotos • Establécense dúas categorías: familiar e colectiva • Nesta segunda convocatoria os galardóns chegan aos 350, 250 e 150 euros para o primeiro, segundo e terceiro posto en cada modalidade • O Concello busca fomentar o ambiente festivo en rúas e vivendas O Pino. 13-11-2025.- O Concello do Pino convoca a segunda edición do Concurso de Decoración de […]

today14 noviembre, 2025

Comarca

Padrón contará por primeira vez cunha pista de xeo este Nadal

O sábado 29 de novembro comezan as festas co acendido das luces e animación nas rúas Ofrécense propostas culturais, deportivas e de lecer pensadas para o público de todas as idades O Concello de Padrón busca un Nadal participativo que impulse a cultura e dinamice a vida social do municipio Padrón. 11-11-2025.- O Concello de Padrón prepara un Nadal 2025 con máis propostas que nunca. Coa implicación das concellerías de Cultura, a de Turismo e Festexos e a de Deportes, […]

today12 noviembre, 2025

Comarca

Ames pon en marcha un novo Mercado de Nadal para os días 19, 20 e 21 de decembro

O Mercado de Nadal abrirá o venres 19 pola tarde, en horario de 17.00 a 20.30 horas. O sábado 20 e o domingo 21 de decembro, abrirá en horario de mañá, de 10.00 a 14.00 horas, e de tarde, de 17.00 a 20.30 horas O mercado estará instalado dentro dunha carpa e contará cun total de 18 postos distribuídos por toda a superficie. As 12 localizacións destinadas á artesanía estarán situadas nos laterais do mercado, mentres que os 6 postos […]

today31 octubre, 2025

Comarca

Así será a decoración do Nadal da Estrada que se acenderá o 5 de decembro

A instalación comezou este venres e suporá o despregue de medio millón de luces micro led para ambientar estas festas. Seguimos apostando polo alumeado, sen perder a cabeza. É un reclamo indiscutible que favorece ao comercio e a hostalería da Estrada nunha das campañas máis importantes do ano”, sinala Óscar Durán. A Estrada, 18 de outubro de 2025.- Co Samaín e os magostos chamando á porta, os traballos para a instalación do alumeado de Nadal arrancan estes días na Estrada. […]

today18 octubre, 2025

Comarca

Os Reis Magos enchen de maxia Ames

Os Reis Magos recibiron aos cativos e cativas de Ames durante os días 3 e 4 de xaneiro nos pavillóns de Bertamiráns e O Milladoiro Un todal de 450 familias no Milladoiro e 415 en Bertamiráns acudiron á recepción Tren de Nadal O Tren de Nadal de Ames realizou entre os días 3 e 4 de xaneiro un total de 40 viaxes nos núcleos de Milladoiro e Bertamiráns, transportando un total de 1.548 persoas entre os dous días de actividade. […]

today4 enero, 2025

AD