O presidente de Santa Marta Segura confesa que tivo «ameazas» por loitar contra a droga
A plataforma veciñal anuncia a creación de "Santiago de Compostela Segura" para unir asociacións e colectivos na loita contra o narcotráfico e reclama máis firmeza xudicial e implicación cidadá tras a recente macroredada. A recente macrorredada desenvolvida en Santa Marta, que se saldou con cinco detidos, o decomiso de droga e máis de 40.000 euros en efectivo, abriu unha xanela de esperanza entre a veciñanza, aínda que tamén mantén viva a preocupación sobre a continuidade das actuacións contra o narcotráfico. […]