Derrotismo alegre e punk noventeiro, así soa Noite Atari: “En Galicia hai bandas a patadas, faltan escenarios”
A banda gañadora da quinta convocatoria de Onda Chicha repasa en Radio Líder Santiago a súa traxectoria, influencias e unha visión crítica da escena musical galega actual A banda galega Noite Atari, gañadora da quinta convocatoria do concurso Onda Chicha, pasou polos micrófonos de Radio Líder Santiago nunha entrevista marcada pola naturalidade, o humor e unha mirada crítica sobre a realidade da música en Galicia. O grupo, formado por Dani, Miguel e Álex —coa ausencia de Nano por motivos laborais—, […]