San Xoán en Santiago: máis de trinta celebracións con cacharelas e sardiñas en espazos públicos
O Concello de Santiago ten autorizadas para esta noite un total de 31 celebracións en diferentes espazos públicos: 12 cacharelas con sardiñada; 12 sardiñadas e 7 cacharelas. Estes eventos súmanse aos que xa se celebraron durante a pasada fin de semana e os que están autorizados para o vindeiro sábado, ata superar as 50 festas de San Xoán. Ademais, o Concello recibiu comunicación previa para a celebración de 587 cacharelas e sardiñadas en espazos privados. Como é habitual, esta noite […]