As noitiNHas chegan este mércores coa zona gastro de Kike Piñeiro e Eloy Cancela
Este mércores 3 de xullo, os chefs Kike Piñeiro e Eloy Cancela do restaurante A Horta D'O Obradoiro trasladaranse á pequena aldea gastronómica do hotel NH Collection Santiago para deleitarnos cunha cociña sinxela e de sabores auténticos. O evento denominado 'noitiNHas' comezará ás 19:30h con entrada libre ata completar capacidade e incluirá unha sesión picadiscos a cargo de Constan DJ, un showcooking de Cervezas Alhambra e a degustación dun petisco de Bonito de Burela con tomate. O colofón desta festa, […]