Carlos Diéguez, referente internacional no estudo da obesidade, ingresa na Real Academia Galega de Ciencias
O acto celebrarase no compostelán Pazo de San Roque, ás 19:00 horas (Vía Láctea Comunicación).- A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) celebrará mañá xoves, 16 de novembro, o acto de ingreso de Carlos Diéguez González (San Xoán de Río - Ourense, 1955), catedrático de Fisioloxía da Universidade de Santiago, como académico numerario da sección de Bioloxía e Ciencias da Saúde da institución. Será no compostelán Pazo de San Roque, ás 19:00 horas. O investigador pronunciará o seu discurso de […]