Arzúa abre ao público este venres a Oficina de Turismo
A Concellería de Turismo e Promoción Económica de Arzúa ten o pracer de anunciar a apertura da Oficina de Turismo de Arzúa, que estará dispoñible para atender ao público a partir do venres, 21 de xuño de 2024. A oficina, situada na Rúa Peregrino, s/n, está preparada para recibir aos visitantes e proporcionar toda a información necesaria para gozar plenamente da riqueza cultural e natural da nosa vila. Este ano, Arzúa agarda unha tempada de moitas visitas, grazas ao interese […]