AD

partido popular

28 Resultados / Página 1 de 4

Fondo
AD

Actualidad

Verea: «O muro de Bonaval leva dous meses sendo a imaxe máis clara da xestión de Goretti Sanmartín»

O líder do Partido Popular en Santiago, Borja Verea, asegurou hoxe en rolda de prensa que “hai imaxes que non precisan explicación” e sinalou que “o muro de Bonaval leva dous meses sendo a imaxe máis clara da xestión de Goretti Sanmartín á fronte do Concello”. Verea advertiu de que “cando pasan dous meses sen dar resposta a un problema nun dos lugares máis emblemáticos da cidade, o que se evidencia é unha desconexión total coa cidade”. “Bonaval non é […]

today14 abril, 2026

Actualidad

Verea: “Goretti Sanmartín debería estar contenta: xa ten o que quería, un Santiago illado e desconectado”

O líder do Partido Popular en Santiago, Borja Verea, respondeu hoxe ás declaracións da alcaldesa, Goretti Sanmartín, sobre a conectividade aeroportuaria e a coordinación do sistema galego, asegurando que “o problema non é o que di agora, senón o que leva facendo tres anos”. “Goretti Sanmartín debería estar contenta, porque xa ten exactamente o que quería: un Santiago cada vez máis illado, con menos conexións e perdendo oportunidades mentres outras cidades avanzan”, afirmou Verea. O popular criticou que a alcaldesa […]

today10 abril, 2026

Actualidad

Baleato: “BNG e CA puxeron unha diana sobre os turistas, agora pagamos as consecuencias»

A concelleira do Partido Popular de Santiago, María Baleato, advertiu hoxe da preocupante evolución do turismo na cidade e sinalou directamente ao goberno municipal como responsable dunha deriva que “está a poñer en risco o liderado de Santiago como destino de referencia”. Nunha rolda de prensa celebrada esta mañá, Baleato criticou que, desde a chegada do BNG e Compostela Aberta ao goberno no verán de 2023, “instalouse un discurso profundamente negativo arredor do turismo, presentándoo como un problema para a […]

today7 abril, 2026

Actualidad

Verea carga contra Sanmartín por “non cumprir o que asina” sobre a xestión da auga

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, compareceu esta mañá en rolda de prensa para denunciar “un novo exemplo flagrante de incumprimento da palabra dada” por parte da alcaldesa, Goretti Sanmartín, en relación ao modelo de xestión do servizo da auga. Verea comezou agradecendo a presenza dos medios e explicou que se lles entregou documentación que tamén será remitida a todos os medios de comunicación. Nesa documentación, segundo destacou, “pódese ver claramente como Goretti Sanmartín asina, co seu […]

today17 marzo, 2026

Actualidad

O PP de Santiago esixe unha solución ao reiterados impagos de nóminas aos traballadores do CSC

• O concelleiro popular, José Ramón de la Fuente, critica que “os nacionalistas miren cara outro lado, mentres os traballadores dos Centros Socioculturais pasaron o Nadal sen cobrar e xa se lle deben catro nóminas”. • “Tanto a lei de contratos, -explicou- como os propios pregos posibilitan que o Concello reteña cantidades debidas ao contratista co fin de garantir o pagamento dos salarios dos traballadores”. O Partido Popular de Santiago, a través do concelleiro José Ramón de la Fuente, acusou […]

today11 enero, 2026

Destacado

O debate político en Santiago crece pola parálise no pago de facturas e incluso polo 25N

O espazo de análise política Hai Debate en Radio Líder Santiago reuniu este luns a representantes dos catro grupos políticos con presenza no Concello de Santiago para abordar dous asuntos que marcaron a actualidade municipal: a polémica protesta da CIG diante da sede do Partido Popular con motivo do 25N e a decisión do Pleno de non aprobar o pago de 1,3 millóns de euros en facturas atrasadas a provedores e autónomos. No debate participaron Xan Duro (Compostela Aberta), Marta […]

today1 diciembre, 2025

Destacado

Verea: «Apoiar a proposta de Rosón como alcaldesa foi un xesto de xenerosidade pola cidade»

O líder do PP compostelán acusa á alcaldesa de “neglixencia, turismofobia e colapso institucional” e reclama a súa dimisión. A entrevista realizouse un día antes da protesta do 25N fronte á sede popular. Redacción, 26 de novembro de 2025.-  O presidente do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, lanzou unha dura crítica contra o goberno municipal liderado por Goretti Sanmartín (BNG), ao que acusa de “neglixencia” e de provocar “o maior colapso institucional da historia recente do Concello”. A entrevista, […]

today26 noviembre, 2025

Destacado

PPdG condena os “intolerables” insultos e presións contra traballadoras do PP e contra o director de Radio Líder Santiago

O Partido Popular de Galicia (PPdeG) expresou este martes a súa “condena máis rotunda e enérxica” polos incidentes rexistrados no exterior da sede do partido en Santiago de Compostela durante a concentración do 25-N "convocada polo BNG a través da CIG". Segundo denunciou a formación, a protesta derivou en “intolerables feitos” que incluíron coaccións e increpamentos a traballadoras do PP compostelán e tamén a xornalistas que estaban a cubrir o acto, entre eles profesionais de Radio Líder. O PPdeG lamenta […]

today25 noviembre, 2025

Actualidad

A CIG leva a protesta do 25N á sede do PP e obriga a pechar traballadoras baixo protección policial

• Ante a situación vivida hoxe, dende o PP de Santiago reclamámoslle ao BNG e CA que condenen esta actitude do sindicato nacionalista e que manifesten se lles parece normal que compañeiras estean pechadas na sede popular, protexidas por axentes antidisturbios. • “É unha total incoherencia -explicou a concelleira María Baleato- que unha protesta a favor dos dereitos das mulleres teña como obxectivo protestar ante varias traballadoras que só están a cumprir as súas funcións”. • O sindicato nacionalista repartiu […]

today25 noviembre, 2025 2

AD