O PSdeG acusa á Xunta de recortar a atención pediátrica diaria no centro de saúde de Conxo
Bouza denuncia que a Xunta de Rueda non está a garantir a atención pediátrica diaria no centro de saúde de Conxo e acusa ao Goberno galego de aplicar un novo recorte asistencial que afecta directamente ás familias con menores. O deputado autonómico e secretario xeral dos socialistas composteláns, Aitor Bouza, reclamará no Parlamento que se restitúa a atención diaria e que se garanta unha cobertura estable e continuada da asistencia sanitaria infantil. Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2026. […]