Transformar Galicia presenta a candidatura de Isabel Faraldo para liderar Podemos Galicia
Transformar Galicia oficializou a súa candidatura ás primarias internas de Podemos Galicia, encabezada por Isabel Faraldo, cunha aposta por fortalecer a organización e consolidala como unha ferramenta esencial para o cambio político en Galicia. A candidatura conta cunha lista diversa e plural, con representantes de distintas áreas e compromisos sociais, como Ximena Cheda, Adrián Seijas, María Jesús Pereiro, e Toño Naval, entre outros nomes destacados. Desde o municipalismo ata o feminismo como eixo transversal, o programa político propón construír un […]