AD

politica

562 Resultados / Página 15 de 63

Fondo
AD

Comarca

Val do Dubra contrata obras por máis de medio millón de euros

O Concello de Val do Dubra remata de contratar un paquete de obras que supoñen un investimento total de 574.675,87 euros e que se executarán ao longo das próximas semanas. Trátase de actuacións moi diversas, tanto en mellora viaria como en abastecemento e servizos, co obxectivo de mellorar as infraestruturas municipais e a calidade de vida da veciñanza. As principais actuacións son as seguintes: ● Reforzo do firme no viario de Erviñou a Abelenda – 124.420 € ● Mellora acceso […]

today2 septiembre, 2025

Actualidad

Verea: «O obxectivo para 2027 é acadar a maioría máis grande da historia de Santiago»

O líder popular destacou o traballo desenvolvido cun dato incuestionable: “Máis de 400 propostas defendidas por un equipo eficaz, comprometido e profundamente santiagués”. Os últimos tripartitos de PSOE, BNG e Compostela Aberta “non foron quen de dar resposta aos principais problemas da cidade, como os autobuses, a rotura de tubaxes, a limpeza, o tráfico ou a vivenda”, sinalou Verea. O líder do Partido Popular en Santiago, Borja Verea, asegurou hoxe en rolda de prensa que o seu obxectivo e o […]

today2 septiembre, 2025

Actualidad

Os socialistas acusan a Goretti Sanmartín de “mentir descaradamente” sobre a praza de protocolo

O PSdeG de Santiago de Compostela acusa á alcaldesa Goretti Sanmartín de manipulación política tras o anuncio da creación dun posto específico de protocolo no Concello. As e os socialistas lembran que a praza xa estaba incluída na oferta de emprego público de 2024 e critican que a rexedora opte por cubrir o posto con persoal eventual. Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2025. O grupo municipal socialista de Santiago de Compostela lamenta a actitude da alcaldesa, Goretti Sanmartín, […]

today2 septiembre, 2025

Actualidad

Lucía Calvo de la Uz deslía 16 anos de parálise: «Teo xa ten folla de ruta e volveu avanzar»

Teo (A Coruña), 29 de agosto de 2025.- O Concello de Teo vén de celebrar o Pleno Extraordinario que marca o Regulamento Orgánico Municipal (ROM) do Concello de Teo, logo de 15 anos sen convocarse. Nesta sesión, a cal foi demandada polo grupo socialista e na que non estivo precisamente a súa portavoz, valorouse o balance das actuacións levadas a cabo nos dous primeiros anos de goberno do actual Executivo local, o cal é moi positivo, pois se resume “nunha folla de […]

today29 agosto, 2025

Actualidad

O PP denuncia a suspensión de actividades no Centro Sociocultural de Laraño polo seu abandono

• José Ramón de la Fuente destacou que “o goberno nacionalista ten absolutamente esquecida esta instalación, na que abundan, dende hai tempo, serias deficiencias que imposibilitan, incluso, a celebración das actividades normais dos usuarios”. • Instou ao goberno local “a licitar, canto antes, os contratos dos CSC, para rematar con esta precaria situación e os centros socioculturais poidan funcionar como é debido e os usuarios reciban os servizos que pagan”. O Partido Popular de Santiago, a través do seu concelleiro […]

today28 agosto, 2025

Comarca

Teo convoca un Pleno Extraordinario para valorar a situación xeral do municipio

A celebración desta sesión foi demandada polo grupo socialista, a pesar de que non se levaba a cabo desde o ano 2010 Teo (A Coruña), 27 de agosto de 2025.- O Concello de Teo convoca para este venres, 29 de agosto, un Pleno Extraordinario para valorar a situación xeral do municipio. Unha sesión que foi demandada polo grupo socialista, a pesar de que non se convocaba dende o ano 2010. De feito, tal e como establece o Regulamento Orgánico Municipal […]

today27 agosto, 2025

Destacado

O PP de Santiago responsabiliza ao goberno nacionalista dos problemas coa auga nos Pexigos

• O concelleiro popular, Adrián Villa, lamentou o “pasotismo” do BNG respecto a este problema, que foi denunciado o pasado mes de abril no Pleno municipal, e non houbo ningún tipo de actuación • Villa culpa aos nacionalistas dos dous cortes de auga que se produciron a pasada semana na rúa do Pisón, xa que non tomaron medida algunha, a pesar das numerosas queixas por parte da veciñanza e dos propios populares. O concelleiro do Partido Popular de Santiago, Adrián […]

today26 agosto, 2025

Comarca

Boqueixón licita máis de 140.000 euros en investimentos para mellora de pistas e accesos a aldeas

Boqueixón, 26 de agosto de 2025.- O Concello de Boqueixón vén de licitar dúas actuacións de mellora de pistas e estradas municipais que suporán un investimento de máis de 140.000 euros e cuxas obras darán comezo durante as próximas semanas. O primeiro proxecto inclúe a realización de ata vinte actuacións. Así, melloraranse os accesos en Deseiro de Arriba (Sergude), Vigo e Alboia (Lamas), Gastrar (Gastrar), Camporrapado, Rebordao e Mato (Oural), Vilar (Ledesma), A Quenlla (Sucira), Pedrouzo (Pousada) e Piñeiro de […]

today26 agosto, 2025

Destacado

O PP pide suprimir a zona azul de tarde en Santa Marta e habilitala de día en Xoán XXIII

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, Adrián Villa, solicitoulle ao goberno nacionalista “unha decisión definitiva e información clara respecto ás zonas ORA da cidade”, unha cuestión que, xa no mes de marzo do presente ano puxera enriba da mesa, ante as diferentes queixas por parte da veciñanza. Por aquel entón, Villa denunciara que “os composteláns xa non saben cando, canto tempo, nin onde poden aparcar o seu coche”, en referencia á creación de novos espazos de implantación da zona […]

today25 agosto, 2025

AD