AD

politica

550 Resultados / Página 38 de 62

Fondo
AD

Actualidad

Ames aproba o novo estudo de viabilidade para a construción do complexo deportivo do Milladoiro

A Corporación municipal aprobou por unanimidade a fixación dos festivos locais para o ano 2025; a concesión da medalla do Concello de Ames 2024 á Borja Golán Santín; a solicitude de participación na segunda fase do POS+ Adicional 2/2024; e a aprobación da modificación da base número 50 do orzamento municipal de 2024 relativa a subvencións nominativas Tamén se aprobou a cuarta prórroga da concesión administrativa da xestión e mantemento do Centro deportivo municipal A Telleira; e a concesión de […]

today2 agosto, 2024

Actualidad

«Se os edís do PSOE pasan ao grupo de non adscritos ábrese un novo escenario político en Santiago»

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2024.- Borja Verea, portavoz municipal do Partido Popular no Concello de Santiago e presidente dos populares na capital galega, criticou duramente a xestión das Festas do Apóstolo 2024 durante unha entrevista este xoves en Radio Líder Santiago. Verea cuestionou a calidade e a organización das celebracións, e presentou as propostas do seu partido para mellorar estes eventos no futuro. Borja Verea comezou a súa intervención criticando a ubicación dos fogos artificiais e a […]

today1 agosto, 2024

Actualidad

Santiago aproba o destino dos remanentes e avanza na creación dun parque de vivenda pública

31/07/2024 No Pleno extraordinario do Concello de Santiago celebrado esta mañá aprobouse o expediente de crédito extraordinario que permitirá empregar os remanentes para a adquisición de bens inmobles no ámbito do Plan Especial PE-1 para o uso como vivenda pública, actuacións e obras urxentes no ámbito urbano e rural, ou o avance na xestión do ciclo integral da auga. En total, o expediente recolle partidas por un importe total de 6.779.998,82 euros que estará financiado na súa totalidade con remanente líquido […]

today1 agosto, 2024

Actualidad

Santiago potenciará os espazos naturais vinculados ao río Tambre como a praia fluvial de Chaián

Xesús Domínguez, concelleiro de Sustentabilidade Ambiental, Dereitos dos Animais, Servizos Básicos Comunitarios, Parques e Xardíns, e Vías e Obras, participou nunha entrevista en Radio Líder Santiago. Durante a conversa, Domínguez abordou os principais avances e retos na xestión urbana e rural da cidade, subliñando a relevancia das obras públicas ben executadas para mellorar a calidade de vida dos cidadáns. "O importante das obras non é só facelas, senón que a súa execución sexa de calidade e en tempo," destacou Domínguez. […]

today31 julio, 2024

Actualidad

O PP de Santiago reclámalle ao BNG que leve a cabo melloras no barrio de Vidán

“Esta zona carece, desde hai uns anos, da atención que merece, polo que se fai urxente que o BNG atenda as demandas da súa veciñanza e corrixa o deterioro e abandono que vén sufrindo”, subliñou Adrián Villa. O Partido Popular visitou este barrio e reuniuse con numerosos veciños e veciñas, tentando reunir os problemas que teñen a día de hoxe co compromiso de facer o posible para que os nacionalistas leven a cabo as actuacións pertinentes. O concelleiro do Partido […]

today24 julio, 2024

Actualidad

O concelleiro de Vivenda informa do inicio do estudio do mercado tensionado en Santiago

19/07/2024 O concelleiro de Urbanismo e Vivenda, Iago Lestegás, explicou no pleno ordinario deste mes de xullo os pasos que deu o goberno local no marco das políticas públicas de vivenda que está a impulsar e que é un dos eixos deste mandato. Así, avanzou que xa está en marcha o estudo sobre o mercado residencial que realiza o Grupo de Estudos Territoriais da Universidade da Coruña. Precisamente, este xoves mantivo unha reunión no Pazo de Raxoi con dous integrantes deste […]

today19 julio, 2024

Actualidad

Lucía Calvo asume as rendas do PP en Teo

“Gracias a todos vos por confiar en nós, por confiar no equipo, no voso equipo. Un equipo unido e forte para levantar Teo e situalo no lugar que debería estar fai moito tempo”, afirmou a popular “Esta é unha lista feita para traballar, non para figurar. Unha lista que conxuga experiencia e novas incorporacións que, sen dúbida, achegarán frescura e forza”, indicou a nova presidenta local Alfonso Rueda fixo balance do primeiro ano de Lucía Calvo como alcaldesa asegurando que […]

today19 julio, 2024

Actualidad

O PP denuncia a decisión do BNG de impedir a exposición de coches antigos no Obradoiro

O concelleiro popular, José Ramón de la Fuente, sinalou que Goretti Sanmartín “non está lexitimada para impoñernos os seus gustos festivos, culturais e folclóricos” Empéñase en gobernar unicamente para o 23% do electorado que a votou, non goberna para todos. O Partido Popular de Santiago, a través do concelleiro José Ramón de la Fuente, denunciou hoxe en Rolda de Prensa a decisión do goberno nacionalista de rachar con case 40 anos de tradición e impedir que se leve a cabo […]

today18 julio, 2024

Actualidad

«Imos seguir crecendo, e mais, moita xente de Santiago vén de compras e aos bares a Ames»

Blas García, alcalde do Concello de Ames, fixo balance recentemente do seu primeiro ano de goberno nunha entrevista en Radio Líder Santiago, destacando un ano intenso de moito traballo. A decisión máis importante que tiveron que tomar foi se gobernar co BNG ou en minoría cos oito concelleiros do PSOE. Finalmente, decidiron gobernar en solitario despois das experiencias vividas nos últimos dous mandatos de goberno cos nacionalistas. Tamén lembra que a metade do grupo de goberno é novo en política […]

today17 julio, 2024

AD