AD

politica

550 Resultados / Página 47 de 62

Fondo
AD

Actualidad

Galicia nas súas mans

      Santiago de Compostela, 14 de abril de 2024.- O presidente da Xunta, Alfonso Rueda Valenzuela, asinou este domingo o decreto de nomeamento dos membros do Executivo, que quedará conformado do seguinte xeito. Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes Diego Calvo Pouso Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático Ángeles Vázquez Mejuto Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional Román Rodríguez González Consellería de Política Social e Igualdade Fabiola García Martínez Consellería de Economía e Industria María […]

today15 abril, 2024

Actualidad

O PP de Santiago esixe ao BNG que limpe a finca municipal que hai xunto ao IES Lamas de Abade

      Olaya Otero remarcou que “a situación empeora polo desleixo dos nacionalistas, que non están atendendo ás solicitudes feitas, desde hai tempo, polo instituto e a veciñanza, co fin de que se leven a cabo as actuacións de limpeza e mantemento”. Resaltou que “existen árbores a menos de 50 metros do edificio, cuxas copas están a menos de 10 m. de altura, distancia mínima establecida pola normativa, o que é un grave risco para a comunidade educativa, posto […]

today11 abril, 2024

Actualidad

Xa se coñecen as propostas gañadoras nos Orzamentos Participativos de Xuventude

      10/04/2024 Propostas relacionadas co cine, a música, os animais e a saúde foron as máis votadas nos Orzamentos Participativos do departamento de Xuventude. A concelleira María Rozas presentou hoxe os resultados do proceso, no que se decidiu o destino de 100.000 euros para actividades do presuposto municipal de 2024. Ao longo do ano executaránse as dez actividades mellor valoradas das máis de cen que foron validadas, despois dunha fase de votación na que participaron máis de mil mozos […]

today10 abril, 2024

Actualidad

Gonzalo Muíños: «Onde van aparcar as persoas usuarias do novo centro de Protonterapia»

      Este luns presentáronse as obras que suporán un novo recorte de prazas de aparcadoiro no complexo hospitalario do Clínico O portavoz dos socialistas insta a Xunta e Concello a “acordar unha solución” toda vez que esta actuación “agrava máis aínda os problemas de mobilidade” Santiago de Compostela, 8 de abril de 2024. As obras do novo centro de Protonterapia que comezaron este luns suporán un novo recorte de prazas de aparcadoiro no complexo hospitalario do Clínico. Unha […]

today8 abril, 2024

Actualidad

Fusión de concellos, unha alternativa para afrontar os retos do rural galego

      No ano 2015, os concellos de Cerdedo e Cotobade tomaron un paso ousado ao fusionarse nun esforzo por loitar contra os desafíos que afronta o rural galego. Coa unión, naceu Cerdedo-Cotobade, unha nova entidade municipal con máis de 5.800 habitantes e un presuposto ampliado, permitíndolle incluso reducir impostos. Esta fusión, a última realizada en Galicia, seguiu os pasos doutras unións, como a de Cesuras e Oza dos Ríos en 2012, coa denominación futura de Oza-Cesuras. Nas últimas […]

today8 abril, 2024

Actualidad

O PP alerta da situación do ríos composteláns que podería incedir nas inundacións en vivendas

    O concelleiro popular, José Ramón de la Fuente, fixo un percorrido pola marxe do Sar e comprobou a grande cantidade de árbores caídas e maleza sen recoller, o que está a tupir o río. Reclama un plan de revisión periódica do estado das especies vexetais existentes nestas zonas, ademais de que se leve a cabo un mantemento preventivo, co fin de evitar que caian directamente á auga. Un simple paseo pola ribeira do Sar ou do Sarela é […]

today5 abril, 2024

Actualidad

Verea insta a paralizar a «privatización do solo público» anunciada polo BNG

      Subliñou que “están xogando co futuro de miles de familias e, o que é máis triste, coas próximas décadas perdidas en Compostela, con anuncios que máis parecen impulsos infantís poucos solventes, cando o que realmente necesita a cidade é unha estratexia sólida e continuada”. O líder popular engadiu que “poñeremos en marcha modelos cooperativos con alugueiros accesibles non só para familias novas, senón tamén a estudantes, maiores con rendas limitadas e persoas con discapacidade que precisen servizos […]

today3 abril, 2024

Actualidad

O PP de Santiago reclama a elaboración do Plan Estratéxico de Mocidade

      Rubio fixo fincapé en que “nunca na historia de Compostela existiu un Plan Estratéxico para a Mocidade a pesar de ser aprobado no ano 20 e no ano 23 por unanimidade no pleno”. “Nove meses de goberno nacionalista en minoría para non facer nada neste eido”, lamentou. Borja Rubio insistiu en que “comezo a comprender que non se pode pedir demasiado en certas materias ao BNG, pero estaría ben que respectasen os acordos plenarios e máis cando […]

today26 marzo, 2024

Actualidad

«Este goberno separa entre o ámbito civil e o relixioso, algo que entende a propia igrexa»

      A alcaldesa de Santiago, a nacionalista Goretti Sanmartín, conversou este luns con Álvaro Veiga en Radio Líder Santiago sobre diversos temas da actualidade local. En canto á Semana Santa, Sanmartín destacou unha previsión optimista de visitantes, cunha ocupación que alcanza o 80 %, onde o tempo xoga un factor importante e que pode producir algunhas cancelacións de última hora. Sobre a alta demanda de turistas que ten Compostela ao longo de todo o ano, lamentou a dilación […]

today26 marzo, 2024

AD