Identificado o responsable das verteduras de entullos en Ponte de San Domingos
A Policía Local vén de identificar á persoa responsable das reiteradas verteduras de entullos rexistradas na rúa da Ponte de San Domingos, que se enfronta agora a unha sanción de ata 3.000 euros. Foi despois dun importante dispositivo no que nas últimas semanas participaron axentes, tanto de paisano como uniformados, e no que tamén foi importante a colaboración cidadá. Nas últimas semanas víñanse detectando verteduras de entullos en sacos de obra na zona de San Lourenzo, máis en concreto na […]