AD

pp

178 Resultados / Página 4 de 20

Fondo
AD

Actualidad

O PP de Santiago esixe planificación nos criterios de estacionar nas zonas ORA da cidade

Adrián Villa afirmou que “os composteláns xa non saben cando, canto tempo, nin onde poden aparcar o seu coche”. O edil popular afeoulle ao goberno municipal que, lonxe de arranxar os graves problemas de estacionamento na cidade, o único que fai é suprimir cada día máis prazas en superficie. O concelleiro do Partido Popular de Santiago, Adrián Villa, esixiu planificación nos criterios de estacionar nas zonas ORA da cidade, tras a “constante improvisación na que está instalado o goberno local”, […]

today24 marzo, 2025

Destacado

Verea critica as consecuencias do ‘tripartito’: «Inseguridade, parálise política e declive do turismo»

Santiago de Compostela | 18 de febreiro de 2025.- O presidente do Partido Popular en Santiago e deputado no Parlamento Galego, Borja Verea, advertiu este martes dunha crise de seguridade sen precedentes na capital galega, agravada pola inacción do goberno local. Nunha entrevista en Radio Líder Santiago, o popular denunciou ademais a deterioración dos servizos públicos, a parálise en proxectos estratéxicos e a perda de atractivo turístico da cidade, o que segundo el está provocando unha situación de "decadencia e […]

today18 febrero, 2025

Actualidad

O PP solicita a gratuidade da zona ORA de Santa Marta en horario de tarde

O concelleiro popular, Adrián Villa, denunciou a “incompetencia e improvisación na que está instalado no BNG”, tras o anuncio da supresión da zona ORA nesta zona só os sábados pola mañá. Os populares solicitan tamén iluminación e melloras no firme do aparcamento do CIMUS que, como explica Villa, “os días de choiva convértese nunha lameira”. O concelleiro do Partido Popular de Santiago, Adrián Villa, denunciou hoxe a “incompetencia e improvisación na que está instalado o goberno local”, tras o anuncio […]

today14 febrero, 2025

Actualidad

O PP de Santiago insiste, ante inacción do BNG, no arranxo do parking de Salgueiriños

• “Estamos ante un claro exemplo de desleixo ante os problemas máis sinxelos da cidade, xa que hai uns meses, esta mesma concelleira poñía de manifesto o mal estado deste espazo, pero pasou o tempo e, lonxe de estar arranxado, a súa situación é aínda peor”, reiterou Yolanda Otero. • Destacou que “dende o Partido Popular seguiremos reivindicando que as vías e os espazos públicos municipais deben mudar o abandono pola decencia e dignidade e seguiremos traballando por un Santiago […]

today3 febrero, 2025

Actualidad

Borja Verea levará mañá ao Pleno municipal, como asunto principal, o problema de alumeado

  O líder popular destacou que “o que nos atopamos en moitos puntos da cidade é a veciños que agradecen aos comerciantes por ter os escaparates acendidos porque iso permite ter a rúa iluminada” Pregúntase tamén “como é posible que existindo un novo contrato por 40 millóns a iluminación sexa cada vez peor?”. O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, levará mañá ao Pleno municipal, como tema principal, o problema de alumeado que está a sufrir a cidade. […]

today29 enero, 2025

Comarca

O PP de Arzúa critica as primeiras xestións da Festa do Queixo, de «forte orientación política»

A xestión da festa deixará de depender de empresas locais para cambiar por unha empresa cun responsable vinculado ó BNG. Non está de acordo co cambio de data por mor do entroido. Arzúa, 27 de xaneiro de 2025.- Tras facerse públicos os primeiros detalles da 50 edición da Festa do Queixo de Arzúa, os populares mostran as súas críticas á xestión da mesma. Tradicionalmente, a Festa do Queixo vense celebrando (salvo algunha excepción) na primeira fin de semana de marzo. […]

today28 enero, 2025

Actualidad

O PP de Santiago aborda a convivencia de veciños e turistas con edís de Córdoba e Segovia

• “Como defendemos os populares, -explicou Olaya Otero- trátase de regular e non como fai o BNG que centra as súas políticas, tamén as turísticas, en prohibir, o que trae como consecuencia frear o desenvolvemento non só económico, senón que tamén cultural de Compostela”. • Unha das medidas estudadas sería a tomada por Segovia, que conseguiu frear o deterioro e abandono do seu Casco Antigo, grazas a convivencia de veciños, visitantes e á rehabilitación de pisos para o alumnado das […]

today27 enero, 2025

Actualidad

O PP de Santiago lamenta que o BNG sexa “incapaz de manter as conexións aeroportuarias internacionais”

• María Baleato denuncia que os nacionalistas “non teñen obxectivos, nin unha liña de actuación coherente, nin estratéxica turística”. • “Continuamos na mesma dinámica que xa denunciabamos no mes de abril do ano 2024, a eliminación de prazas na oferta de voos e reducións nas conexións por avión, polo que deben de poñerse a traballar e deixar de buscar culpables”, engadiu. A concelleira do Partido Popular de Santiago, María Baleato, lamentou este venres que o BNG sexa “incapaz de manter […]

today25 enero, 2025

Actualidad

VIDEO | «A alianza das forzas minoritarias é un freo constante ao desenvolvemento de Santiago»

“Esta coalición de PSOE-BNG-CA segue levando á nosa cidade ao desgoberno, esta alianza de forzas minoritarias é un freo constante ao desenvolvemento de Santiago. Son xa moitos anos renunciando ao estatus de liderado como capital de Galicia e como capital universal que somos”, subliñou Borja Verea, presidente do PP compostelán O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea quixo manifestar, en rolda de prensa, que “Santiago está por enriba de min, por enriba, sobre todo, de calquera interese partidista […]

today20 enero, 2025

AD